Wiki Loves Monuments (gl)

De Wikimedia España
LUSITANA WLM 2011 d.svg
España   


Países participantes 2013.

Wiki Loves Monuments 2018 é un concurso fotográfico de monumentos aberto a todo o mundo e organizado polos capítulos de Wikimedia e grupos de voluntarios en distintos países. A Fundación Wikimedia é a entidade que da soporte á Wikipedia e á Galipedia, as enciclopedias libres, entre outros proxectos.

O concurso Wiki Loves Monuments foi organizado por primeira vez en 2010 nos Países Baixos, e no 2011 celebrouse en 18 países europeos, conseguíndose 169.348 fotografías. Dado o éxito da edición de 2011, este ano o concurso realizarase a nivel mundial, sumándose países de América, Asia e África, ademais da grande maioría de países europeos. As 10 mellores fotografías de cada país competirán nunha fase internacional, cuxo xurado seleccionará as mellores fotografías de monumentos de 2018, cos seus propios premios.

O Patrimonio Cultural é unha parte importante do coñecemento que recolle e difunde a Wikipedia. Todo o mundo pode contribuír tanto con imaxes como con artigos. Unha imaxe vale máis que mil palabras, en tódolos idiomas.

Por iso, todo o mundo está invitado a cargar imaxes de monumentos baixo unha licenza libre para o seu uso nas Wikipedias. A idea deste proxecto é conseguir unha visión global e única do patrimonio cultural de cada país.

As regras básicas do concurso son:

  • Fotografar monumentos, o que pode facerse en calquera momento.
  • Publicar a fotografía baixo unha licenza libre.
  • Subila a Wikimedia Commons entre o 1 e o 30 de setembro de 2018.
  • As fotos deben ser realizadas polos participantes e cargadas por eles mesmos.
  • Incluir o identificador do monumento xunto coa fotografía.

Non hai límite ó número de imaxes que podes subir. A qué estás esperando para sair a facer fotos?

A edición da competición en España conta co apoio e colaboración de:

>>>> ¿Queres participar? <<<<