2011

From Wikimedia España
Jump to navigationJump to search
LUSITANA WLM 2011 d.svg
Países participantes 2011.

Wiki Loves Monuments 2011 é un concurso fotográfico público centrado nos monumentos e organizado polos capítulos de Wikimedia. A Fundación Wikimedia é a entidade que da soporte á Wikipedia e a Galipedia, as enciclopedias libres. En 2010 estivo organizado por primeira vez nos Países Baixos, e en 2011 está sendo organizado en varios países europeos.


O Patrimonio Cultural é unha parte importante do coñecemento que recolle e difunde a Wikipedia. Todo o mundo pode contribuír tanto con imaxes como con artigos. Unha imaxe vale máis que mil palabras, en tódolos idiomas.

Por iso, todo o mundo está invitado a cargar imaxes de monumentos baixo unha licenza libre para o seu uso nas Wikipedias. A idea deste proxecto é conseguir unha visión global e única do patrimonio cultural de cada país.

As regras básicas do concurso son:

  • O concurso realizarase dende o 1 ata o 30 de setembro de 2011.
  • As fotos deben ser realizadas polos participantes e cargadas por eles mesmos.
  • Deben estar licenciadas baixo unha licencia libre.
  • As fotos deben cargarse co identificador do monumento.

Temos varios premios e categorías e a organización contactará con tódolos gañadores. Ademais, escolleranse as 10 mellores fotografías recibidas e enviaranse á seguinte fase do concurso, onde seleccionarán os premiados a nivel europeo.


>>>> ¿Queres participar? <<<<